JL Bourg
JL Bourg | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Jeunesse laïque de Bourg-en-Bresse |
Liga | Pro A / Eurocup |
Alcume | La Jl |
Fundación | 1910 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | Julien Desbottes |
Adestrador | Savo Vučević |
Localización | |
Cidade | Bourg-en-Bresse, Francia |
Pavillón | Ekinox |
Capacidade | 3 548 |
Inauguración | Xaneiro de 2014 |
jlbourg-basket.com |
O Jeunesse laïque de Bourg-en-Bresse, máis coñecido como JL Bourg, é un club profesional de baloncesto francés con sede na cidade de Bourg-en-Bresse (Auvernia-Ródano-Alpes). Actualmente xoga na Ligue Nationale de Basket Pro A (LNB), a máxima categoría do baloncesto galo. Fundando en 1910, o JL xoga os seus partidos como local no Ekinox, un pavillón inaugurado en xaneiro de 2014 con capacidade para 3.548 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club Jeunesse laïque de Bourg-en-Bresse foi fundado en 1910 por Henri Mamet, quen foi o seu primeiro presidente.[1] Inicialmente club deportivo, a sección de baloncesto non foi creada até en 1947. O primeiro título do club chega en menos dunha década, coa consecuación do campionato do departamento de Ain. Cinco anos máis tarde, en 1961, é a quenda do primeiro título nacional, após vencer ao Nantes na final do UFOLEP (Union française des œuvres laïques d'éducation physique, do francés: Unión francesa de asociacións laicas de educación física). O club chega ao baloncesto profesional en 1996 ao ascender á Segunda División (en 1991 xogaba na quinta división). DEsde o ano 2000 até 2007 o JL xogou na Primeira División, regresando a ela en 2014. Ese mesmo ano, en febreiro, inaugúrase o seu novo pavillón, o Ekinox. Na temporada 2015−16 o equipo descende de novo, mais regresa á máxima categoría en tan só dous anos despois de finalizar primeiros na temporada 2016−17 da Pro B.
Ano a ano
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa de Francia | Outras copas | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011–12 | 2 | Pro B | 9º | ||||||
2012–13 | 2 | Pro B | 8º | ||||||
2013–14 | 2 | Pro B | 2º | ||||||
2014–15 | 1 | Pro A | 18º | ||||||
2015–16 | 2 | Pro B | 5º | Copa Pro B | 1º | ||||
2016–17 | 2 | Pro B | 1º | Copa Pro B | |||||
2017–18 | 1 | Pro A | 9º | 17–17 | Oitavos de final | ||||
2018–19 | 1 | Pro A | 9º | 19–15 | Rolda de 32 | ||||
2019–20 | 1 | Pro A | 5º | 16–9 | Oitavos de final | ||||
2020–21 | 1 | Pro A | 5º | 22–12 | Oitavos de final | 2 Eurocup | |||
2021–22 | 1 | Pro A | 11º | 15–19 | Cuartos de final | 2 Eurocup |
Pavillóns
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os pavillóns que ten utilizado o JL Bourg como local:
- Salle Amédée-Mercier (até xaneiro de 2014, 2.286 espectadores)
- Ekinox (desde xaneiro de 2014, 3.548 espectadores)
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2017
Leaders Cup
- Subcampións (1): 2006
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guenard, Pierre. "La création de la JL". sur anciens.jlbourg-basket.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en francés)